Mediante o Decreto da Alcaldia número 2026-0030, do 21 de xaneiro de 2026, aprobáronse a convocatoria e as bases de selección para o acceso a unha praza de auxiliar administrativo pertencente á escala da Administración xeral, subescala auxiliar (subgrupo C2), a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As bases de selección publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 19, do 24 de xaneiro de 2026.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan, faranse públicos no taboleiro de anuncios aloxado na sede electrónica do Concello.
Becerreá, 26 de xaneiro de 2026
Manuel Martínez Núñez
Alcalde
