Na Resolución de Alcaldía nº 2025-0461, do 26 de decembro de 2025, aprobouse a seguinte oferta de emprego público para o exercicio 2025, coa especificación das prazas relacionadas, xunto coa súa denominación e clasificación:
Postos de persoal laboral fixo, quenda promoción interna:
|
Nº |
Código |
Denominación |
Grupo |
Sistema de acceso |
|
1 |
02.02.00.00 |
Encargado/a de obras e servizos |
IV/C2 |
Concurso-oposición, promoción interna |
Prazas de persoal funcionario, quenda promoción interna horizontal (funcionarización):
|
Nº |
Código |
Denominación |
Grupo |
Escala |
Provisión |
|
1 |
01.01.00.01 |
Técnico/a de xestión e emprego |
A2 |
Admón. xeral, subescala de xestión |
Concurso-oposición, promoción interna-funcionarización |
|
1 |
01.01.00.03 |
Administrativo/a |
C1 |
Admón. xeral, subescala administrativa |
Concurso-oposición, promoción interna-funcionarización |
|
1 |
02.01.00.01 |
Arquitecto/a municipal |
A1 |
Escala de Administración especial, subescala técnica |
Concurso-oposición, promoción interna-funcionarización |
|
1 |
03.00.00.01 |
Traballador/a social coordinador/a |
A2 |
Escala de Administración especial, subescala técnica |
Concurso-oposición, promoción interna-funcionarización |
|
1 |
03.00.00.02 |
Educador/a familiar |
A2 |
Escala de Administración especial, subescala técnica |
Concurso-oposición, promoción interna-funcionarización |
|
1 |
04.00.00.01 |
Bibliotecario/a |
A2 |
Escala da Administración xeral, subescala de xestión |
Concurso-oposición, promoción interna-funcionarización |
|
1 |
05.00.00.01 |
Secretario/a do Xulgado de Paz |
C1 |
Escala da Administración xeral, subescala administrativa |
Concurso-oposición, promoción interna-funcionarización |
O que se publica en cumprimento do ordenado na resolución de aprobación desta.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da dita Lei 39/2015, e entenderase desestimado polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada. Daquela, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, consonte o establecido no artigo 46.1) e 4) da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren procedente conforme dereito.
Portas, 26 de decembro de 2025
Ricardo Martínez Chantada
Alcalde
