BDNS (Identif.): 880954.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/880954
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias ou perceptores finais das axudas reguladas nestas bases as empresas industriais, entendendo como tales aquelas sociedades mercantís ou as súas agrupacións que exerzan unha actividade industrial ou de servizos de apoio industrial.
No caso de agrupacións, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que se vai aplicar por cada un deles, que terán, igualmente, a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante ou apoderada única con poder suficiente para cumprir as obrigas que, como entidade beneficiaria, lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.
Segundo. Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a concesión de axudas a fondo perdido cofinanciadas no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 (FTX), para o financiamento de proxectos de descarbonización e renovación industrial de industrias tractoras nas comarcas de Ordes, Eume e Ferrol ou municipios da Laracha, Carral, Ortigueira, Cerdido ou Mañón, que cumpran os requisitos establecidos no artigo 5 das bases.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 27 de xaneiro de 2026 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de descarbonización e renovación industrial de industrias tractoras nas comarcas afectadas polo peche das centrais térmicas, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027. Territorio P2 A Coruña, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2027-2028-2029 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408N).
Cuarto. Importe
Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700 e cos seguintes importes, distribución xeográfica do proxecto e distribución plurianual:
– Municipios de As Pontes e Cerceda: 14.411.194 € con cargo ao ano 2026, 8.500.000 € con cargo ao ano 2027, 8.500.000 € con cargo ao ano 2028 e 8.588.806 € con cargo ao ano 2029. Total: 40.000.000 €.
– Comarcas de Ordes (agás municipio de As Pontes), Eume (agás municipio de Cerceda) e Ferrol, e municipios de Laracha, Carral, Ortigueira, Cerdido ou Mañón: 14.411.193 € con cargo ao ano 2026, 8.500.000 € con cargo ao ano 2027, 8.500.000 € con cargo ao ano 2028 e 8.588.807 € con cargo ao ano 2029. Total: 40.000.000 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e será de tres meses contado desde as 9.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o citado prazo.
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2026
Ainhoa Mallo Martínez
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica
