De conformidade co artigo 34.1 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (BOE núm. 79, do 2 de abril), faise pública a resolución pola que finaliza a avaliación de impacto ambiental simplificada por inviabilidade ambiental, do 19 de xaneiro de 2026, do proxecto dunha explotación de porcino de ceba na parroquia de Freixo, no concello de Samos (Lugo), promovido por Arsenio López Fernández.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
