DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2026 Páx. 9435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, LMTS ROS805, CTC Laxes, substitución de apoio 9O3MCHHM//115-1 e ITC, no concello de Oia.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio comunícaselles a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, LMTS ROS805, CTC Laxes, substitución de apoio 9O3MCHHM//115-1 e ITC, que se realizarán na casa do concello de Oia, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 19 de xaneiro de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/157-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA, LMTS ROS805, CTC Laxes, substitución de apoio 9O3MCHHM//115-1 e ITC.

Concello: Oia.

Predio

Refª catastral

Lugar

Titular

Data

Hora

2

36036A008001340000QR

As Cambas

José Arriscado Aguado

Olimpia Fernández Aguado

4 de febreiro de 2026

13

4

36036A011007020000QT

Galgueiro

Cayetano Miniño Rodríguez

4 de febreiro de 2026

13

7

36036A011000040000QK

Calqueiros

José Granja Rodríguez

Marina Granja Rodríguez

4 de febreiro de 2026

13