DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2026 Páx. 9437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación forzosa no concello de Cortegada (expediente IN407A 2025/17-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio os titulares que figuran no anexo son informados da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA FRI801 no treito entre os apoios núm. 62-42 e núm. 62-46, situada no concello de Cortegada.

Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requírense para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte días (20) hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, en que concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e poderán alegar o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.

Ourense, 20 de xaneiro de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2025/17-3.

Instalación: Regulamentación da LMTA FRI801 no treito entre os apoios núm. 62-42 e núm. 62-46.

Concello: Cortegada.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Data dos depósitos previos: 19 de decembro de 2025.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

1

Anovada

32028A011001170000DB

Descoñecido/a

2

Anovada

32028A011002550001FY

Miguel Ángel Castro Carpintero