José Antonio Garrido Fortes, veciño do lugar de Chamadoira, parroquia de San Xoán de Cerdedo, concello de Cerdedo-Cotobade, mediante este anuncio convoco á asemblea xeral todos os usuarios de augas, co fin de constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa.
A asemblea terá lugar o próximo sábado 28 de febreiro de 2026, na Casa do Pobo de Chamadoira, ás 11.00 horas (primeira convocatoria) e 11.30 (segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1. Formar dunha relación nominal de usuarios (nome, DNI, enderezo vivenda, referencia catastral, etc.) para constituírse en comunidade de usuarios e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e o domicilio da comunidade.
2. Aprobar as bases ás cales, dentro da lexislación vixente, terán que axustarse os proxectos de ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a comunidade.
3. Designación dos membros que integrarán a xunta de goberno, encargada da dirección da comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.
4. Rogos e preguntas.
Chamadoira, Cerdedo-Cotobade, 7 de xaneiro de 2026
José Antonio Garrido Fortes
Representante da Comunidade de Usuarios de Augas de Chamadoira
