DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2026 Páx. 9454

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2025.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2025 por esta Fundación.

Data de sinatura

Importe con cargo ao orzamento da Fundación

Convenio

23.9.2025

0,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundacion Cidade da Cultura de Galicia para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do estudantado de titulacións oficiais de grao e máster universitario impartidas na facultade de Xeografía e Historia

9.10.2025

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Fundación Galicia Obra Social para a itinerancia da exposición Nicolás Muller en Galicia

15.10.2025

0,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do estudantado de grao en Filosofía

11.11.2025

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a posta á disposición de terceiras empresas de espazo coa finalidade de facilitar a coordinación de proxectos estratéxicos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

19.12.2025

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras no eido cultural e creativo, no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2026

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia