DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2026 Páx. 9275

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2026 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2026

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2025

Convenios

Obxecto ou finalidade

Data da sinatura

Achega de Augas de Galicia (€)

Aplicación orzamentaria (no caso de subvencións)

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Boimorto, para a execución das obras de recuperación de sendeiros tradicionais en Boimorto (A Coruña).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o concello que lle permitan á entidade local acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras recollidas no proxecto de Recuperación de sendeiros tradicionais en Boimorto, a súa conservación e mantemento.

15.9.2025

25.457,21

2025-06-82 542B 76000

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Valga, para a execución das obras de posta en valor da área fluvial de Valga, Valga (Pontevedra).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o concello que lle permitan á entidade local acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras recollidas no proxecto de Posta en valor da área fluvial de Valga, a súa conservación e mantemento.

25.9.2025

7.760,00

2025-06-82 542B 76000

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Frades, para a execución das obras de reconstrución de azude na Área Recreativa da Presa, Frades (A Coruña).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o concello que lle permitan á entidade local acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras recollidas no proxecto de Reconstrución de azude na área recreativa da Presa.

26.9.2025

48.079,04

2025-06-82 542B 76000

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello da Lama, para a execución das obras de reparación da presa da piscina fluvial do río Verdugo. Concello da Lama (Pontevedra).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o concello que lle permitan á entidade local acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras de reparación da presa da piscina fluvial do río Verdugo, a súa conservación e mantemento.

29.9.2025

91.089,15

2025-06-82 542B 76000

Convenio de colaboración entre a Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia e o Concello de Mos, para a execución da actuación de Ampliación e mellora da rede de saneamento integral do municipio, Camiño da Torroeira, Torroeira, parroquia de Louredo, Mos (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Mos, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na Ampliación e mellora da rede de saneamento integral do municipio, Camiño da Torroeira, Torroeira, parroquia de Louredo, Mos (Pontevedra).

2.10.2025

100.358,73

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización de actividades de investigación para a detección de consumo de substancias psicoactivas mediante análise de augas residuais.

Obter datos obxectivos sobre o consumo de substancias de abuso en Galicia mediante a análise das augas residuais, que permitirá coñecer os niveis de consumo globais das substancias de maior consumo e eventualmente detectar a entrada de novas substancias.

10.10.2025

Sen custo económico

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Padrón, para a execución da actuación de Mellora do abastecemento do sistema da marxe dereita da ría de Arousa. Ampliación da ETAP do sistema de abastecemento ao Barbanza, Padrón (A Coruña), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

Modificación do réxime de financiamento e obrigas de carácter económico.

17.10.2025

10.856.074,06

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello da Illa de Arousa, para a execución da actuación de saneamento de Mellora do sistema de saneamento no Concello da Illa de Arousa (Pontevedra), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello da Illa de Arousa, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na Mellora do sistema de saneamento no Concello da Illa de Arousa (Pontevedra), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

16.10.2025

1.054.044,67

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Illa de Arousa para a asunción por Augas de Galicia da xestión da estación depuradora de augas residuais da Illa de Arousa e da prestación do servizo de depuración.

Establecer as condicións nas que Augas de Galicia asumirá, en calidade de entidade prestadora de servizos e nos termos establecidos na Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga, a xestión da actual estación depuradora de augas residuais da Illa de Arousa e dos seus equipos e instalacións.

23.10.2025

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Friol, para a mellora do sistema de saneamento e depuración de Roimil, Friol (Lugo).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o concello, que lle permitan á entidade local acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para dotar de subministro eléctrico ao sistema de saneamento e depuración de Roimil no concello de Friol (Lugo), a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

30.10.2025

16.026,09

2025-06-82 542B 76000

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Viveiro, para a mellora do saneamento no lugar de Celeiro, Viveiro (Lugo).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Viveiro, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para levar a cabo a actuación de Mellora do saneamento en Celeiro, concello de Viveiro (Lugo), a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

14.11.2025

39.994,17

2025-06-82 542B 76000

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Teo, para a substitución da rede de abastacemento na rúa Loureiro, no lugar dos Tilos, Teo (A Coruña).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o concello, que lle permitan á entidade local acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para levar a cabo a actuación de Substitución da rede de abastecemento na rúa Loureiro, no lugar dos Tilos, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

14.11.2025

30.100,99

2025-06-82 542B 76000

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións para a realización de actuacións nos anos 2025 e 2026.

Establecer as condicións básicas que rexerán a colaboración entre Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, co fin de dar cumprimento ao establecido na cláusula 4ª punto g) do parágrafo segundo do prego de bases a que se suxeita á concesión administrativa para a explotación como aproveitamento hidroeléctrico da presa de Caldas de Reis.

24.11.2025

785.071,56

2025-06-82 542B 460.0

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes do mesmo; actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativos de cada unha das partes.

25.11.2025

Sen custo económico

Addenda ao convenio de colaboración entre a Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia e o Concello de Friol, para a mellora do sistema de saneamento e depuración de Roimil, Friol (Lugo).

Modificar as cláusulas cuarta (libramento dos fondos e réxime de xustificación) e oitava (vixencia do convenio) do convenio.

27.11.2025

Sen custo económico

2025-06-82 542B 76000

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Palas de Rei, para a mellora e ampliación das infraestruturas de abastecemento de Palas de Rei, Palas de Rei (Lugo).

Modificar a cláusula cuarta (libramento dos fondos e réxime de xustificación) do convenio.

27.11.2025

Sen custo económico

2025-06-82 542B 76000

Addenda ao convenio de colaboración entre a Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia e o Concello de Viveiro, para a mellora do saneamento no lugar de Celeiro, Viveiro (Lugo).

Modificar a cláusula cuarta (libramento dos fondos e réxime de xustificación) e a cláusula oitava (vixencia do convenio) do convenio.

28.11.2025

Sen custo económico

2025-06-82 542B 76000

Acordo de colaboración entre Augas de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización de actividades de investigación para a detección de contaminantes emerxentes no lodo tratado en estacións depuradoras de augas residuais no eido do proxecto Safesludge.

Regular a colaboración no ámbito do proxecto Safesludge do grupo de biotecnoloxía ambiental da Universidade de Santiago de Compostela, para estudar o comportamento integrado de contaminantes emerxentes, que comprenden compostos farmacéuticos e xenes de resistencia a antibióticos, utilizando esquemas innovadores para o tratamento do lodo en estacións depuradoras de augas residuais de Galicia. O obxectivo principal é minimizar a presenza de fármacos e xenes de resistencia antibiótica (ARG) no lodo tratado.

10.12.2025

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Augas de Galicia e o Concello de Mos, para a execución dunha senda fluvial no río Louro, concello de Mos (Pontevedra).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Augas de Galicia e o Concello de Mos, que lle permitan á entidade local acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para a execución dunha senda fluvial no río Louro, no concello de Mos (Pontevedra), a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

11.12.2025

69.635,44

2025-06-82 542B 76000

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Outes, para a Renovación de bombeos de auga residual e para a Mellora do sistema de filtrado da ETAP de Roo, no Concello de Outes (A Coruña).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Outes, que lle permitan á entidade local acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para levar a cabo, por unha banda, a actuación en materia de saneamento de Renovación de bombeos de auga residual e, por outra banda, a actuación en materia de abastecemento de Mellora do sistema de filtrado da ETAP de Roo, no concello de Outes (A Coruña), a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

11.12.2025

66.414,49

2025-06-82 542B 76000

Convenio entre a Consellería de Economía e Industria, Augas de Galicia, a Autoridade Portuaria de A Coruña, Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. e o Concello de Arteixo, para a financiación da execución da actuación de emerxencia do Novo colector interceptor Suevos-Bens, Arteixo (A Coruña).

Establecer as condicións de financiamento da obra de emerxencia denominada Novo colector interceptor Suevos-Bens. Arteixo (A Coruña) na cal Augas de Galicia realizará as funcións de órgano de contratación.

12.12.2025

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Cea (San Cristovo) para a execución da actuación de Posta a punto da estación depuradora de auga residual de Cea (San Cristovo), Cea (San Cristovo) (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cea (San Cristovo) que permitan definir as actuacións necesarias para a posta a punto e en marcha da estación depuradora de augas residuais de Cea (San Cristovo) de maneira que se garanta o cumprimento dos límites de vertedura.

18.12.2025

811.246,93

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e Concello de Marín, para a execución da obra de mellora da rede de saneamento de Marín no contorno do río Lameira, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 % do gasto elixible, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Modificar o réxime de financiamento e as obrigas de carácter económico e a vixencia do convenio addendado.

18.12.2025

4.099.744,09

Quinta addenda ao convenio de colaboración entre a Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia e o Concello de Foz, para a execución de actuacións de saneamento e depuración en Foz, Concello de Foz (Lugo), cofinanciada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e nun 60 % do gasto elixible no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.

Modificar as obrigas en relación a proxectos modificados e complementarios, o réxime de financiamento e obrigas de carácter económico e a vixencia do convenio.

18.12.2025

14.200.896,07

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia e o Concello de Valga, para reducir o risco de inundación na ARPSI dos ríos Ulla e Sar, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e nun 60 % do gasto elixible no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.

Modificar o obxecto, réxime de financiamento e obrigas de carácter

Económico e vixencia do convenio.

19.12.2025

2.957.341,44

Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e Augas de Galicia, para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do estudantado das titulacións oficiais impartidas na Universidade de Santiago de Compostela.

Realización de prácticas académicas externas do estudantado nas instalacións de Augas de Galicia, así como achegar as súas persoas expertas para aquela parte da docencia teórico-práctica especializada que fose precisa.

23.12.2025

Sen custo económico