DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2026 Páx. 9274

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2026 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 23 de xaneiro de 2026

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Relación de convenios subscritos pola Agasp
no terceiro cuadrimestre do ano 2025

Convenio

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Convenio de colaboración en materia de formación entre a Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Vigo.

7.10.2025

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e do desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías do corpo de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local, entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Nigrán.

11.12.2025

Sen achega económica