DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2026 Páx. 9273

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se dá publicidade á concesión do VIII Premio CGAC de investigación e ensaio sobre a arte contemporánea correspondente ao ano 2025.

Conforme o previsto no artigo 14 da Orde do 3 de abril de 2025 (DOG núm. 74, do 16 de abril) pola que se convocou para o ano 2025 o VIII Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, resolvo facer pública a concesión do devandito premio a Raquel Alonso Docampo, cunha contía de 3.000,00 €, polo texto orixinal Procesando interrogantes.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2026

Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura