DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2026 Páx. 9961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 20 de xaneiro de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Da Costa (2ª ampliación), no concello de Carballeda de Avia.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no art. 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 1 de decembro de 2025, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Da Costa (2ª ampliación), no concello de Carballeda de Avia, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 4 de xaneiro de 2024 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural un escrito da CMVMC de Santo Estevo dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, en que se solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Da Costa (2ª ampliación).

Segundo. O 7 de abril de 2025, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentara ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existenta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Da Costa (2ª ampliación).

Superficie: 7,91 ha.

Pertenza: CMVMC de Santo Estevo.

Parroquia: Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo).

Concello: Carballeda de Avia.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio 1:

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32019A04501467

Norte

32019A04309055

Leste

32019A04501468

32019A04501469

32019A04501470

32019A04501471

32019A04501472

32019A04501473

Sur

32070A00900984

32019A04509001

Oeste

32019A04509001

Predio 2:

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32019A04801811

Norte

32019A04809019

32019A04800610

32019A04800672

32019A04800673

32019A04800674

32019A04800682

32019A04800683

32019A04800684

32019A04800685

32019A04800686

32019A04800687

32019A04800688

32019A04800689

32019A04800690

32019A04801137

32019A04801136

32019A04801135

Leste

32019A04801170

Sur

32019A04801170

32047A00901495

(T.M. de Melón)

Oeste

32047A00901495

(T.M. de Melón)

32047A00809009

(T.M. de Melón)

32047A00801084

(T.M. de Melón)

32047A00709013

(T.M. de Melón)

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común está mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992,do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Da Costa (2ª ampliación), no concello de Carballeda de Avia, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 20 de xaneiro de 2026

Jose Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense