DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2026 Páx. 9970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2026 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante aceptación e adxudicación parcial de herdanza e, sucesivamente, mediante apartación, das concesións administrativas das bateas Seara II, H. de Lemos I, Baltar II e Del Río V.

Antecedentes:

1. O día 16 de decembro de 2025, Mauro Blanco Piñeiro e Jorge Blanco Piñeiro solicitaron a autorización para a transmisión mortis causa das concesións administrativas das bateas Seara II, H. de Lemos I, Baltar II e Del Río V mediante aceptación e adxudicación parcial de herdanza e, sucesivamente, mediante apartación.

2. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

3. O día 7 de xaneiro de 2026, a persoa titular do Departamento Territorial da Consellería do Mar en Vigo acordou, de oficio, a acumulación dos expedientes mencionados.

4. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

3. No artigo 26.2 da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para investimentos produtivos en acuicultura cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021, sobre cesión ou transmisión das axudas, establécese que no documento público da transmisión o novo propietario deberá subrogarse en todas as obrigas contraídas polo transmitinte e, en particular, deixar constancia da axuda concedida e non efectuar ningunha modificación fundamental.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante aceptación e adxudicación parcial de herdanza e, sucesivamente, mediante apartación, das concesións administrativas dos seguintes viveiros:

Tipo: batea.

Nome: Seara II.

Situación:

Cuadrícula nº: 77.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 20.12.1957.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Del Río V.

Situación:

Cuadrícula nº: 59.

Polígono: D.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 28.10.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: H. de Lemos I.

Situación:

Cuadrícula nº: 26.

Polígono: H.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 23.4.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Baltar II.

Situación:

Cuadrícula nº: 5.

Polígono: F.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 25.5.1966.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Rosa María Piñeiro García (***0108**), María José Piñeiro García (***0681**), José Arturo Piñeiro García (***1027**), Beatriz Piñeiro García (***3528**), Rosalía García Enríquez (***3204**) e Alberto Piñeiro García (***3933**).

Novos titulares: Rosa María Piñeiro García (***0108**), José Arturo Piñeiro García (***1027**), Beatriz Piñeiro García (***3528**), Rosalía García Enríquez (***3204**), Alberto Piñeiro García (***3933**), Jorge Blanco Piñeiro (***1737**) e Mauro Blanco Piñeiro (***1737**).

Os novos titulares das concesións subróganse nos dereitos e nas obrigas do anterior desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, en particular, nas obrigas derivadas da axuda percibida en concepto de investimentos produtivos en acuicultura (expediente PE205F 2021/039-5) por importe de 36.219,80 €, baixo o compromiso de non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 7 de xaneiro de 2026

A conselleira do Mar
P.D. (Orden do 21.2.2022)
A directora territorial
P.S. (Resolución do 13.5.2024)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica