DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2026 Páx. 9998

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

ANUNCIO polo que se dá publicidade do Acordo do 23 de xaneiro de 2026 polo que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para cubrir o posto de xerente.

Mediante o Acordo do 29 de decembro de 2025, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 252, do mércores 31 de decembro, anunciouse a convocatoria para a cobertura do posto de xerente.

De conformidade co establecido nas bases reguladoras da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado, establécese que o tribunal de selección será nomeado pola persoa titular da Presidencia do Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. En virtude do anterior, a presidenta do Consello de Administración, o 23 de xaneiro de 2026,

ACORDOU:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para cubrir o posto de xerente, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro 2026

Margarita Ardao Rodríguez
Presidenta do Consello de Administración
de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

ANEXO

Tribunal

– Titulares:

Presidenta: María Luisa Boquete Pumar, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (***3501**).

Secretaria: Patricia Rodríguez Franco, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (***2522**).

Vogal: Farrah Lisa Meghazi, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma, subgrupo A1 (***7683**).

– Suplentes:

Presidenta: María Adelaida Couto Piñón, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (***0353**).

Secretaria: Lourdes Ledo Moure, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (***1793**).

Vogal: María Belén Yáñez Barge, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (***1038**).