Información pública do convenio urbanístico de xestión para a transmisión dos predios rexistrais 37811, 37814 e 37818 de titularidade municipal e entrega en permuta dun baixo comercial na avenida de Galicia-rúa Aloques.
Consonte o recollido no artigo 168 da Lei 2/2016, do solo de Galicia (DOG núm. 34 do 19 de febreiro), sométese a información pública o convenio urbanístico de xestión para a transmisión dos predios rexistrais 37811, 37814 e 37818 de titularidade municipal e entrega en permuta dun baixo comercial na avenida de Galicia-rúa Aloques, durante o prazo dun mes mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e achegar as alegacións que consideren oportunas.
Durante este prazo poderá consultarse nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo (situadas na rúa Antonio Palacios, 1, das 9.00 ás 14.00 horas, ou na sede electrónica do Concello do Porriño https://oporrino.sedelectronica.gal/board
O Porriño, 28 de xaneiro de 2026
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde
