DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2026 Páx. 9996

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO polo que se convoca o proceso para a provisión, polo sistema de concurso específico, do posto de xefe/a de servizo do Servizo de Infraestruturas Culturais e se dá publicidade das bases reguladoras da convocatoria.

Expediente: 2026/BASESPS/000002

Mediante a Resolución da concelleira de goberno responsable da Área de Servizos non Territorializados do 15.1.2026 convócase o concurso específico para a provisión do posto de xefe/a de servizo do Servizo de Infraestruturas Culturais e dáse publicidade das bases reguladoras para a provisión do posto de xefe/a de servizo do Servizo de Infraestruturas Culturais, mediante concurso específico, do Concello de Pontevedra.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 11, do 19 xaneiro de 2026, publicáronse a convocatoria e as bases do proceso para a provisión do posto de traballo de xefe/a de servizo do Servizo de Infraestruturas Culturais, polo sistema de concurso específico.

O prazo para presentar as solicitudes e demais documentación será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Un anuncio en que se indique a adxudicación do posto publicarase no BOP de Pontevedra, no taboleiro de anuncios do Concello de Pontevedra e, de forma complementaria, na epígrafe de emprego da sede electrónica do Concello.

Pontevedra, 20 de xaneiro de 2026

O alcalde
P.D. (Acordo da Alcaldía do 17.9.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira de goberno responsable da Área de Servizos non Territorializados