O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión do 1 de decembro de 2025, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:
Nome do monte: De Vide.
Superficie: 10.580,8 m2.
Pertenza: parroquia de Vide de Miño.
Parroquia: Vide de Miño (San Salvador).
Concello: Castrelo de Miño.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Pedreira:
Dos dous predios que se clasifican, este é o situado máis ao norte. Ten unha superficie de 7.655,2 m2. Do resultado do levantamento topográfico compróbase que non se axusta a ningunha parcela catastral, senón que forma parte de varias, tal e como se reflicte na seguinte táboa:
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32023A01000098 (parte) |
Norte |
32023A00501000 |
|
32023A01000097 (parte) |
32023A00509012 |
|
|
32023A01002000 (parte) |
32023A01009006 |
|
|
32023A01000093 (parte) |
Leste |
32023A01000097 |
|
32023A00900059 (parte) |
Sur |
32023A01002000 |
|
32023A00500329 (parte) |
32023A01000098 |
|
|
32023A00501000 (parte) |
32023A01000093 |
|
|
32023A00509014 (parte) |
Oeste |
MVMC Do Castelo, Cal e Cruz |
|
32023A01009006 (parte) |
||
Dentro do perímetro deste predio atópase a ermida de San Roque, que forma un encravado excluído da clasificación.
Alborado ou Costa do Rosario:
Predio encravado entre predios particulares. Está formado por parte de dúas parcelas catastrais: 32023A01001000 e 32023A00900327. Na zona noroeste está atravesado por un camiño. Ten unha superficie 2.925,6 m2.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32023A01001000 (parte) |
Norte, leste e sur |
32023A00501000 |
|
32023A00900327 (parte) |
Oeste |
32023A00509012 |
Interpretado o esbozo de clasificación do MVMC Do Castelo, Cal e Cruz, considerouse que o predio Pedreira é lindeiro polo oeste con este monte.
Consultada a sede electrónica do Catastro, comprobouse que no predio denominado Pedreira a titularidade da parcela de maior superficie, 32023A01000098 corresponde aos veciños de Vide (Asociación de veciños cultural e recreativa O Fragoso).
Nunha inspección de campo dos predios obsérvase:
En Pedreira:
A ermida de San Roque, propiedade do pobo (segundo o certificado do arquivo histórico achegado), queda fóra da clasificación
Unha construción en bloques de cemento utilizada polos veciños de Vide como local social.
Unha simbólica masa de carballos.
En Alborado ou Costa do Rosario hai unha masa forestal de Pinus pinaster (piñeiro do país).
O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Ourense, 20 de xaneiro de 2026
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense
