DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2026 Páx. 10094

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

EXTRACTO do 26 de xaneiro de 2026 da Resolución do 21 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao superior de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2024-1-ES01-KA131-HED-000228113 no curso 2025/26.

BDNS (Identif.): 883469.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/883469

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado durante o curso 2025/26 nun ciclo formativo de grao superior de Formación Profesional ou nun curso de especialización de Formación Profesional de grao superior, que estea en condicións de acceder á realización da formación en centros de traballo (FCT) ou de realizar un período de formación práctica en empresas antes do comezo da mobilidade, ou ter obtido unha titulación de grao superior de Formación Profesional ou certificado dun curso de especialización de Formación Profesional de grao superior durante os doce (12) meses anteriores á finalización da mobilidade prevista, nalgún dos centros educativos que se relacionan no anexo I.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras e convocar axudas económicas para a realización da mobilidade de alumnado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto
2024-1-ES01-KA131-HED-000228113 (anexo I).

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 21 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao superior de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2024-1-ES01-KA131-HED-000228113 no curso 2025/26.

Cuarto. Importe

O importe total das axudas destinadas ás mobilidades de alumnado e persoas tituladas recentes será de 49.110,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.422M.480.5 da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, dos orzamentos de 2026.

Quinto. Prazo de execución das mobilidades

Non poderá ser posterior á data de finalización do proxecto 2024-1-ES01-KA131-HED-000228113, isto é, o 31 de xullo de 2026.

Sexto. Anexo I

OID

Centro

E10007900

IES A Pontepedriña

E10011649

IES Fernando Wirtz Suárez

E10025603

IES Leixa

E10056804

CIFP A Farixa

E10064590

IES Antón Losada Diéguez

E10066406

CIFP A Xunqueira

E10069168

IES Plurilingüe A Paralaia

E10072786

CIFP Someso

E10074373

CIFP Carlos Oroza

E10074803

CIFP Ánxel Casal - Monte Alto

E10077940

CIFP Paseo das Pontes

E10078014

IES Lucus Augusti

E10078454

IES Manuel Chamoso Lamas

E10078955

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

E10083940

IES Ramón Menéndez Pidal

E10088098

CIFP Valentín Paz Andrade

E10089365

CIFP Coroso

E10093478

CIFP Montecelo

E10096705

IES Urbano Lugrís

E10097909

IES A Sardiñeira

E10098508

IES Moncho Valcarce

E10100201

CIFP Portovello

E10100832

CIFP Politécnico de Santiago

E10103228

CIFP Ferrolterra

E10103867

IES Ramón Mª Aller Ulloa

E10104269

IES Ribeira do Louro

E10107169

IES Laxeiro

E10110295

IES Terra de Trasancos

E10129271

CIFP Imaxe e Son

E10151276

IES Cidade de Antioquía

E10169325

IES Pintor Colmeiro

E10177707

CIFP de Vilamarín

E10189216

CIFP Compostela

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2026

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional