De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e co artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade ao seguinte encargo a medios propios coas seguintes características
– Resolución do 2 de decembro de 2025, da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, pola que se encarga ao medio propio empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo técnico cualificado para o asesoramento técnico en materia de infraestrutura de datos espaciais, mantemento da aplicación Siotuga e apoio no mantemento de visores cartográficos.
– Actividade: os traballos que se desenvolverán consisten en (i) apoio na análise, validación e tratamento da documentación e información xeográfica relativa á tramitación de expedientes de planeamento urbanístico e de ordenación do territorio; (ii) mantemento do portal do Sistema de información de ordenación do territorio (Siotuga) e apoio no mantemento dos visores cartográficos xestionados pola Dirección Xeral de Urbanismo; (iii) asesoramento xeral en tecnoloxías de información xeográfica e ciencia de datos espacial.
– Natureza e alcance do encargo: este encargo ten natureza intersubxectiva, ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental da Administración, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (Lofaxga).
– Financiamento: o orzamento ascende á cantidade de sesenta e un mil seiscentos vinte euros con oitenta e tres céntimos (61.620,83 €), que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 11.03.521A.640.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2026, na cal existe crédito axeitado e suficiente.
– Prazo de vixencia: os traballos encargados comezarán o 1 de xaneiro de 2026. O prazo máximo de finalización é o 31 de decembro de 2026. O encargo extinguirase ao finalizar a súa vixencia.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2026
María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Urbanismo
