BDNS (Identif.): 884246.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884246
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884243
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884244
Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.
Segundo. Obxecto
O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras e realizar a convocatoria para o ano 2026 dos incentivos á contratación indefinida inicial e a formación de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou por persoas profesionais con domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia co fin de promover a consolidación do emprego autónomo (código de procedemento TR349F).
Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:
1. Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
2. Bono de formación (opcional), por medio do cal se proporcionará unha subvención para accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta orde co obxecto de mellorar os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 17 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento TR349F).
Cuarto. Importe
Para a concesión destas axudas destínase un millón trescentos cincenta mil euros (1.350.000 euros).
Quinta. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para presentar as solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará ás 20.00 horas do 30 de setembro de 2026.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2025
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
