De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.
En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro,
RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.02.322C 470.0 e 14.02.322C.480.10 da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (DOG núm. 18, do 28 de xaneiro de 2025).
As persoas interesadas poden acceder e consultar as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria e da cantidade concedida pola subvención outorgada na seguinte ligazón:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/810852/concesiones
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2026
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
