Primeiro. A Orde do 28 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2025 (DOG núm. 90, do 13 de maio), prevé o seu financiamento a través das aplicacións orzamentarias 14.04.322C.770.2 e 14.04.322C.470.2, ambas as dúas no proxecto con código 2024 00079, cun crédito de 6.000.000 e 700.000 euros, respectivamente.
Posteriormente, realizouse unha ampliación do crédito destinado a esta convocatoria por importe de 2.240.167 euros e destino na aplicación 14.04.322C.770.2 (DOG núm. 220, do 13 de novembro de 2025).
Segundo. O artigo 4.2 da Orde do 13 de maio de 2025 establece que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso, de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.
Logo do exposto, a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración,
RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito das aplicacións orzamentarias 14.04.322C.770.2 e 14.04.322C.470.2, proxecto 2024 00079, ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2025.
A derradeira solicitude da anualidade de 2025 que reuniu os requisitos e/ou a documentación requirida e que, polo tanto, se puido conceder antes do esgotamento do crédito, tivo entrada o día 17 de decembro de 2025, ás 16.13 horas.
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2026
Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
