O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 27 de xaneiro de 2026, acordou admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade número 6810-2025, promovido pola vicepresidenta primeira do Goberno, por suplencia do presidente do Goberno, contra o artigo 30, números dous, trece, dezasete, dezanove, vinte, vinte e un e vinte e cinco, e o artigo 45, número cinco, da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. E faise constar que a vicepresidenta primeira do Goberno invocou o artigo 161.2 da Constitución, o que produce a suspensión da vixencia e aplicación dos preceptos impugnados desde a data de interposición do recurso –30.9.2025– para as partes do proceso, e desde a publicación do correspondente edicto no Boletín Oficial del Estado para os terceiros.
Madrid, 27 de xaneiro de 2026
Alfonso Pérez Camino
Secretario de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional
