DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2026 Páx. 10965

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 2 de febreiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de outubro de 2023 (DOG núm. 192, do 9 de outubro), modificada pola Resolución do 13 de maio de 2025 (DOG núm. 96, do 21 de maio), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 11 de xullo de 2025 (DOG núm. 216, do 7 de novembro), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a Resolución do 16 de xaneiro de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 11, do 19 de xaneiro), procédese ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico, subgrupo C2, escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 27 de decembro), así como á adxudicación de destino definitivo.

Por esta resolución acéptanse as renuncias e resólvense as exclusións das persoas aspirantes que se relacionan:

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

1

***8020**

Urones del Río, Fernando

1

2

***0019**

Blanco Vázquez, Ángel

1

3

***2946**

Estévez Carballo, Daniel

1

4

***1418**

Álvarez López, Fernán

2

5

***2925**

Pensado Muíño, David

1

6

***2281**

Nouche Calvo, Ricardo

1

7

***0188**

López Portas, Francisco Javier

1

8

***8789**

Gómez Picos, Antonio

1

9

***1061**

García Rascado, Clemente

1

10

***4331**

Carballeira González, Emerio

2

11

***5838**

González Fidalgo, Sergio

1

12

***3882**

Chouza Fidalgo, Miguel

1

13

***7186**

Álvarez García, Lino

2

15

***9180**

Doval Rey, María Dolores

1

17

***4911**

Baleato Montaos, Marcos

2

19

***5184**

González Ferreiro, José

2

21

***8029**

Digón López, Pablo

2

22

***6916**

González González, Diego

1

24

***7071**

Feijoo Fernández, Javier

1

26

***6686**

Fernández Aguila, Luis Alberto

1

27

***1480**

Pérez Crespo, Juan José

1

28

***8960**

Rico Fernández, Emilio José

1

33

***7261**

Magariños Blanco, Xosé Ignacio

1

36

***1249**

Conde Pereiro, Francisco Salvador

1

37

***5015**

Gómez Niño, José

2

38

***8641**

Santiago Montenegro, José Vicente

1

39

***8046**

Cid Álvarez, José Carlos

1

42

***2393**

Núñez Fernández, Joaquín

1

45

***1832**

Salvado Cibes, José Luis

1

46

***7669**

Mouro Figueroa, Ismael

2

47

***9754**

Fernández García, Gumersindo

1

52

***7810**

Dios Pérez, Álvaro

1

53

***2562**

Ruso Nieto, José Manuel

1

55

***6336**

Carrera Alonso, María Manuela

1

56

***2044**

Novas López, Ramón

1

1. Renuncia.

2. Excluído segundo o artigo 11.1 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia.

O 22 de xaneiro de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas para o referido proceso selectivo.

A base IV.6 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas [...].

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos, ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira ou, de ser o caso, persoal laboral fixo».

Por todo isto, este tribunal acorda facer pública unha nova relación de persoas aspirantes que superaron o dito proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas no proceso selectivo de concurso-oposición e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria, e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren os documentos previstos na dita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar a dita relación complementaria de aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026

David Prieto Fernández
Presidente do tribunal

ANEXO I

Relación complementaria de aspirantes que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: C2 (concurso-oposición).

Corpo/categoría: corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro forestal (207U).

Prazas acceso libre: 57.

Prazas acceso pola base I.1.1: 0.

Nº orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

23

***7442**

González Troncoso, María del Pilar

Libre

62,350

24

***6139**

Blanco Cacheda, Adrián

Libre

62,350

25

***2470**

Fernández Conde, José

Libre

62,300

26

***1796**

Limia Blanco, Ana Cristina

Libre

62,230

27

***7573**

Durán Durán, Pablo

Libre

62,135

28

***4234**

Purriños Rodríguez, Miguel

Libre

61,460

29

***6830**

Moura Vilela, Juan Manuel

Libre

61,375

30

***9672**

Cibreiro Vizoso, Noelia

Libre

61,280

31

***7392**

Ferreiro Felpeto, Francisco

Libre

61,100

32

***3738**

López Fernández, Raúl

Libre

61,010

33

***2816**

González López, José Luis

Libre

60,970

34

***0933**

Pampín Rodríguez, Alejandro

Libre

60,960

35

***8777**

Freire Boado, Manuel Ángel

Libre

60,500

36

***3602**

Tallón Fernández, Susana

Libre

60,315

37

***3163**

Regueira Miguéns, Manuel

Libre

60,205

38

***9624**

Seoane Soto, Javier Andrés

Libre

60,070

39

***2915**

Granja Rodríguez, Javier

Libre

60,000

40

***9459**

Santiso Santos, Juan

Libre

59,980

41

***9644**

Fernández Maqueda, José María

Libre

59,780

42

***9306**

García Freire, Óscar

Libre

59,585

43

***4199**

Ortega Navas, Beatriz

Libre

59,395

44

***6902**

Enríquez Díaz, Iago

Libre

59,295

45

***2706**

Carballeda Carballa, José Luis

Libre

59,290

46

***9028**

Varela Guerra, Juan Ramón

Libre

59,225

47

***4260**

Barrera González, Adrián

Libre

59,140

48

***2733**

López Ventureira, Yoel

Libre

58,975

49

***9490**

Iglesias Bregua, José Antonio

Libre

58,600

50

***4615**

Pico Caaveiro, Yoel

Libre

58,265

51

***4814**

Vázquez Arrojo, Óscar

Libre

58,215

52

***1223**

Suárez Mesías, Cristian

Libre

58,140

53

***5655**

Fernández Barreiro, Nilo

Libre

57,835

54

***7211**

Castro Espada, Israel

Libre

57,245

55

***3960**

Fernández Díaz, Pablo

Libre

57,210

56

***6360**

Dasilva Domínguez, Alba

Libre

56,870

57

***3532**

Barro Seoane, José

Libre

56,830