DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2026 Páx. 10961

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 2 de febreiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de outubro de 2023 (DOG número 192, do 9 de outubro), modificada pola Resolución do 13 de maio de 2025 (DOG número 96, do 21 de maio), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo IV, categoría 33, de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG número 26, do 7 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 11 de xullo de 2025 (DOG número 216, do 7 de novembro), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021 para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, na categoría 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba.

Mediante a Resolución do 11 de decembro de 2025, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG número 240, do 12 de decembro) convócanse para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 33 do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba, convocado Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 27 de decembro).

Mediante esta resolución acéptanse as renuncias das persoas aspirantes que se relacionan:

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

4

***5941**

Sánchez López, Antonio

1

5

***9775**

Lama Pais, Manuel Antonio

1

Motivo de exclusión:

1. Renuncia.

Mediante a Resolución do 16 de xaneiro de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG número 11, do 19 de xaneiro) noméanse como persoal laboral fixo na categoría 33 do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 27 de decembro), e adxudícase destino definitivo.

Mediante esta resolución acéptase a renuncia da persoa aspirante que se relaciona:

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

1

***6803**

Lema Nanton, Víctor

1

Motivo de exclusión:

1. Renuncia.

O 22 de xaneiro de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas para o referido proceso selectivo.

A base IV.6 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas [...].».

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira ou, de ser o caso, persoal laboral fixo.

Por todo isto, este tribunal acorda facer pública unha nova relación de persoas aspirantes que superaron o dito proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas no proceso selectivo de concurso-oposición e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar a devandita relación complementaria de aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026

David Prieto Fernández
Presidente do tribunal

ANEXO I

Relación complementaria de aspirantes que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: grupo IV (concurso-oposición).

Corpo/categoría: bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba (0033).

Prazas de acceso libre: 6.

Prazas de acceso pola base I.1.1: 0.

Nº de orde

DNI/NIE

Apelidos, nome

Quenda

Puntuación

4

***6916**

González González, Diego

Libre

48,750

5

***3021**

Ramos Vázquez, Santiago

Libre

46,800

6

***4836**

Bouza Murias, Jesús

Libre

46,500