DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2026 Páx. 10956

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 33, bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fai pública unha relación de novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 2 de febreiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 5 de novembro de 2025 (DOG núm. 216, do 7 de novembro), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021 para o ingreso, mediante o sistema de concurso, na categoría 33, bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Mediante a Resolución do 11 de decembro de 2025, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 240, do 12 de decembro), convócanse para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso nas categorías 32 e 33 do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro).

Mediante esta resolución acéptanse as renuncias e resólvense os decaementos das persoas aspirantes que se relacionan no anexo I, con indicación do motivo.

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

6

***4822**

Arcos Lamelas, Juan

2

73

***5384**

Cervantes Díaz, Pedro

3

152

***4167**

Bernárdez Martínez, Gabriel

2

167

***3772**

López Losada, Manuel

2

169

***7540**

Macías Míguez, Fernando Javier

2

179

***6666**

Carbia Dorelle, José Jaime

1

198

***4461**

Pérez Fernández, Manuel

2

205

***3996**

Fernández Moure, Juan Antonio

4

207

***7778**

Gómez Aldariz, Juan Carlos

1

217

***1392**

López González, Luciano

1

218

***4756**

López Aira, Pablo

2

Motivos de exclusión:

1. Renuncia.

2. Non presentar a documentación no prazo fixado (base V.2 da convocatoria).

3. Non acreditar a titulación exixida no anexo III da convocatoria.

4. Non acreditar o requisito exixido na base I.2.4 da convocatoria.

Mediante a Resolución do 16 de xaneiro de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 11, do 19 de xaneiro), noméanse como persoal laboral fixo na categoría 33, bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), e adxudícanse destino definitivo.

Mediante esta resolución acéptanse as renuncias e resólvense as exclusións das seguintes persoas aspirantes:

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

123

***4285

Penín Freire, José Luis

1

155

***9979**

Montero Bellas, Fernando

1

185

***8004

Fernández Lorenzo, Jesús

2

195

***3756**

Santome Nogueira, Miguel Ángel

1

209

***1249**

Conde Pereiro, Francisco Salvador

1

213

***9546**

Civicos Niñez, Ángel

1

Motivos de exclusión:

1. Renuncia.

2. Excluído segundo o artigo 11.1 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia.

O 22 de xaneiro de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña 17 novas persoas aspirantes.

A base III.4 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas [....].»

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira ou, de ser o caso, persoal laboral fixo.

Por todo isto, este tribunal acorda facer pública unha nova relación de persoas aspirantes que superaron o dito proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar a devandita modificación da relación de aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

Cuarto. Contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026

Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal

ANEXO I

Nova relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: grupo IV (concurso).

Corpo/categoría: bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba (0033).

Prazas de acceso libre: 221.

Prazas de acceso pola base I.1.1: 0.

Nº de orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

205

***7390**

Graña Fernández, José Manuel

Libre

27,255

206

***4076**

López Aldrey, Manuel

Libre

27,125

207

***4289**

Fraga Santiago, Pedro

Libre

26,500

208

***7747**

Insua Castro, José Miguel

Libre

26,500

209

***8147**

Ginzo García, Adolfo

Libre

26,440

210

***4539**

Fernández García, Juan Manuel

Libre

25,980

211

***6163**

Alfonso Gándara, Juan Manuel

Libre

25,920

212

***1375**

Martínez Barja, Javier

Libre

25,840

213

***9180**

Doval Rey, María Dolores

Libre

25,500

214

***4856**

Carreira Vigo, Iago

Libre

25,500

215

***8789**

Gómez Picos, Antonio

Libre

25,500

217

***4836**

Bouza Murias, Jesús

Libre

25,500

218

***6615**

Da Silva Diz, Jorge

Libre

25,500

219

***1480**

Pérez Crespo, Juan José

Libre

25,500

220

***8029**

Digón López, Pablo

Libre

25,500

221

***2349**

García Pérez, Ismael

Libre

25,500

(*) A persoa aspirante Víctor Gantes Pazos, con DNI ***9027**, está pendente de realizar a proba física establecida na base 2.7.2 da convocatoria. De superar esta proba, figurará no número de orde 216.