Na sesión que tivo lugar o 2 de febreiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de outubro de 2023 (DOG núm. 192, do 9 de outubro), modificada pola Resolución do 13 de maio de 2025 (DOG núm. 96, do 21 de maio), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo III, categoría 100, de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm.15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 11 de xullo de 2025 (DOG núm. 216, do 7 de novembro), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021 para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, na categoría 100 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada.
Mediante a Resolución do 16 de xaneiro de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 11, do 19 de xaneiro) noméanse como persoal laboral fixo na categoría 100, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 244, do 27 de decembro), e adxudícase destino definitivo.
Mediante esta resolución acéptanse as renuncias e resólvense as exclusións das persoas aspirantes que se relacionan:
|
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Motivo da exclusión |
|
1 |
***9754** |
Fernández García, Gumersindo |
1 |
|
2 |
***4836** |
Bouza Murias, Jesús |
2 |
|
3 |
***5903** |
Carracedo Eimil, Esteban |
1 |
Motivos de exclusión:
1. Renuncia.
2. Excluído segundo o artigo 11.1 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia.
O 22 de xaneiro de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas para o referido proceso selectivo.
A base IV.6 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas [...].»
Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira ou, de ser o caso, persoal laboral fixo.
Por todo isto, este tribunal acorda facer pública unha nova relación de persoas aspirantes que superaron o dito proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas no proceso selectivo de concurso-oposición e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
Segundo. De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Terceiro. Elevar a devandita relación complementaria de aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026
David Prieto Fernández
Presidente do tribunal
ANEXO I
Relación complementaria de aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: grupo III (concurso-oposición).
Corpo/categoría: bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (0100).
Prazas de acceso libre: 8.
Prazas de acceso pola base I.1.1: 0.
|
Nº de orde |
DNI/NIE |
Apelidos, nome |
Quenda |
Puntuación |
|
6 |
***8961** |
González Doval, Daniel |
Libre |
58,915 |
|
7 |
***2825** |
Abeijón Villaverde, José Ramón |
Libre |
56,840 |
|
8 |
***1440** |
Caamaño Caamaño, Darío |
Libre |
55,860 |
