DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2026 Páx. 10948

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 100, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fai pública unha relación de novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 2 de febreiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 3, 12, 15, 34, 36, 37, 43, 52, 54, 54B, 66, 71, 94, 98, 100, 101, 103 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia e do persoal laboral propio do Cixtec (grupo III), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada por Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 5 de novembro de 2025 (DOG núm. 216, do 7 de novembro), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso mediante o sistema de concurso, na categoría 100, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Mediante a Resolución do 11 de decembro de 2025, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 240, do 12 de decembro), convócanse para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 100 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 244, do 26 de decembro).

Por esta resolución acéptanse as renuncias e resólvense os decaementos das persoas aspirantes que se relacionan no anexo I, con indicación do motivo.

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

8

***8855**

Infante Tenreiro, Juan Esteban

1

13

***6586**

Díaz López, María Ilda

3

19

***5386**

Lema Agra, José Carlos

3

20

***0990**

Ventoso Dapena, Julio

3

1. Renuncia.

3. Non acreditar a titulación exixida no anexo III da convocatoria.

Mediante a Resolución do 16 de xaneiro de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 11, do 19 de xaneiro), procédese ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 100, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 244, do 26 de decembro), así como á adxudicación de destino definitivo.

Por esta resolución acéptanse as renuncias e resólvense as exclusións das seguintes persoas aspirantes:

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

1

***6842**

Nogueira Caramés, José Luis

1

2

***2226**

Luis Martínez, Diego de

1

3

***3803**

Cerqueiras Saborido, Sergio

1

4

***1299**

Domínguez Gil, Daniel

1

5

***1170**

Couce Cabana, Augusto

1

6

***3226**

Puga Barreiro, Marcos

1

7

***7625**

Sánchez Román, Pablo Vicente

1

9

***7961**

Fernández Monteagudo, Francisco

1

10

***3582**

Expósito López, Abel

1

11

***7719**

Carballo Valcarce, José Manuel

1

12

***3788**

López Fernández, David

1

14

***2563**

Núñez Álvarez, Hilario

2

15

***6410**

Reboiro López, José Manuel

1

17

***3088**

Dos Santos Sarmiento, Víctor

2

1. Renuncia.

2. Excluído segundo o artigo 11.1 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia.

O 22 de xaneiro de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña dezaoito (18) novas persoas aspirantes.

A base III.4 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas [....]

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos, ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira ou, de ser o caso, persoal laboral fixo».

Por todo isto, este tribunal acorda facer pública unha nova relación de persoas aspirantes que superaron o dito proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria, e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren os documentos previstos na dita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar a dita modificación da relación de aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

Cuarto. Contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026

Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal

ANEXO I

Nova relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: grupo III (concurso).

Corpo/categoría: bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (0100).

Prazas acceso libre: 52.

Prazas acceso base I.1.1: 0.

Nº orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

35

***5822**

Moure Lorenzo, Miguel Alejandro

Libre

37,820

36

***2139**

Pedras Ledo, Víctor Manuel

Libre

37,200

37

***7940**

Prieto García, Moisés

Libre

37,070

38

***1327**

Mallo Señarís, Pedro Antonio

Libre

37,000

39

***0466**

Graíño Pazos, Gonzalo

Libre

36,225

40

***3010**

Rodríguez Expósito, Santiago

Libre

35,910

41

***3655**

Arca Eiroa, Marcos

Libre

35,815

42

***0036**

Riveiro Moreira, Luis Alfonso

Libre

35,095

43

***7674**

Parente Rodríguez, Javier

Libre

34,725

44

***7942**

González Tubío, Alberto

Libre

34,525

45

***3948**

Cruces Duyos, Aroa

Libre

34,475

46

***2562**

Ruso Nieto, José Manuel

Libre

33,975

47

***6459**

Vázquez Cabanelas, Alejandro

Libre

33,920

48

***2825**

Abeijón Villaverde, José Ramón

Libre

33,850

49

***9500**

Del Río Valeiras, Pedro Tomás

Libre

33,810

50

***4844**

Conde Mato, Romina

Libre

33,700

51

***2333**

Vázquez Toupain, Jéssica

Libre

33,675

52

***0052**

García González, María Cristina

Libre

33,370