DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2026 Páx. 11410

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario en prácticas as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na actual Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

En virtude da Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición, para o seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas, na Resolución do 6 de novembro de 2024 (DOG núm. 223, do 19 de novembro).

Unha vez rematada a fase de oposición do dito proceso selectivo, e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos ás persoas aspirantes nas bases das ditas convocatorias, así como co obxecto de que as persoas aspirantes que os superaron poidan ser nomeadas persoal funcionario en prácticas no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, de acordo coas bases da convocatoria, e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público; na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 e que figuran no anexo I.

O nomeamento terá efectos, segundo establece a base III.1 da convocatoria, desde a data de inicio do período de prácticas regulamentado na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 29 de xaneiro de 2023, que será o día 9 de febreiro de 2026.

A situación xurídica das persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Segundo. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase recorrer potestativamente en reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, ou poderase impugnar directamente, ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

DNI

Apelidos e nome

***6080**

Soubrier Benavides, Jordán

***0761**

Viqueira Miranda, María del Pilar

***0060**

Rodríguez Mato, Silvia