De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 23 de xaneiro de 2026 do proxecto planta de valoración de residuos non perigosos no parque empresarial da Madanela, no concello de Melide (A Coruña), promovido por Saint Gobain Weber Cemarksa, S.A.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
