DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2026 Páx. 11653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, de declaración de utilidade pública, en concreto, para os efectos de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2024/226 ATE).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, consonte o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto que se inclúe no anexo.

Lugo, 21 de xaneiro de 2026

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/226 ATE.

Regulamentación LMTA PRS802 en tramo entre os apoios núm. 78 e núm. 88 (concello de Pantón).

Predio

Titular proposto

Concello

Polígono

Parcela

Apoio (núm.)

Sup. (m2)

6

Meijrs Ernst

Pantón

51

316

87

2