DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2026 Páx. 11654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lles notifican ás persoas interesadas as resolucións ditadas no expediente PR905A 2025/934 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións ditadas.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, na praza de Mazarelos, 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra cada resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2026

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Procedemento/Número de expediente

DNI/Pasaporte

Acto obxecto de notificación

Data do documento

PR905A 2025/934

XDD099133

Resolución

15.12.2025

PR905A 2025/983

13426256Y

Resolución

15.12.2025

PR905A 2025/1304

11159252C

Resolución

15.12.2025