O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 30 de decembro de 2025, adoptou o seguinte acordo:
«2º. Expediente 1418442J: UAU/2018/13 Plan especial de dotacións e infraestruturas no lugar de Rumbo. Aprobación definitiva.
(.../...)
Primeiro. Aprobar definitivamente o documento achegado o 26.3.2025 (rexistro 3697/2025) do “Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) nun ámbito de solo rústico no lugar de Rumbo” que redactou o arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas, colexiado COAG núm. 927.
Segundo. Ordenar a realización dos trámites administrativos que se recollen nos artigos 82 ao 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento que a desenvolve, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do instrumento de planeamento.
Terceiro. Notificar este acordo ás persoas interesadas conforme os artigos 40 e seguintes da Lei 39/2015 e artigo 3.2.h) do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, e comunicalo aos servizos municipais afectados».
O plan especial aprobado poderase examinar na Área de Ordenación do Territorio e Urbanismo (na casa do concello, situada na rúa do Concello, nº 12, Culleredo), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas. Tamén se poderá examinar no portal de transparencia municipal, na páxina web institucional (https://www.culleredo.es/urbanrede).
Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderá interpoñer, sen prexuízo de calquera outro que considere oportuno, directamente recurso contencioso-administrativo ante o correspondente Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción desta publicación –artigos 52 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, 209 e seguintes do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa–. Con todo, e para o caso de administracións públicas, non caberá interpoñer recurso en vía administrativa, deberase estar ao disposto no artigo 44 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa.
Culleredo, 19 de xaneiro de 2026
José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente
