DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2026 Páx. 12129

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

ANUNCIO da publicación da convocatoria e das bases do procedemento selectivo de dezasete prazas de bombeiro/a condutor/a e formación de bolsa de traballo.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 22, do 3 de febreiro de 2026, foron publicadas as bases, que rexerán a convocatoria de dezasete (17) prazas de bombeiro/a-condutor/a, persoal laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición libre, incluídas na oferta de emprego público 2025, e formación de bolsa de traballo.

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Ourense, 3 de febreiro de 2026

Luis Menor Pérez
Presidente do Consorcio Provincial de Ourense
para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento