DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2026 Páx. 12130

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Forzáns-Aldea

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

María Pilar Fernández Álvarez, con DNI ***1197**, actuando como presidenta da Comunidade de Usuarios de Forzáns-Aldea, por este anuncio convoca para o vindeiro día 7 de marzo de 2026, no Centro Cultural de Forzáns (Ponte Caldelas), ás 16.00 horas en primeira convocatoria e ás 16.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e a aprobación, de ser o caso, do que proceda:

1. Lectura de actas anteriores.

2. Estado de contas e pagamento anual de cotas.

3. Situación actual e permiso de solicitude de novas subvencións.

4. Plan de traballo.

5. Solicitude de nova arqueta.

6. Rogos e preguntas.

Ponte Caldelas, 12 de xaneiro de 2026

María Pilar Fernández Álvarez
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Forzáns-Aldea