Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio, convócanse a todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e intereses, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificado 1 LMT, CT, RBT Espadanal, no concello de Muros (expediente IN407A 2021/216-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias do referido concello.
A Coruña, 23 de xaneiro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2021/216-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Modificado 1 LMT, CT, RBT, Espadanal.
Concello: Muros.
|
Predio |
Lugar |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
|
1 |
Sahorta |
Adrián Cancela Amigo, Ana Mato Blanco, Andrés Cancela Rey, Aurora Cancela Amigo, Benigno Cancela Rey, Daniel Cancela Amigo e Eloy Cancela Amigo |
12.3.2026 |
11.00 |
