DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2026 Páx. 12095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, polo que se somete a información pública o Plan estruturante de ordenación de solo empresarial da ampliación do parque empresarial da Laracha.

Asunto: Plan estruturante de ordenación para a ampliación do parque empresarial da Laracha. Aprobación inicial.

Promotora: Suelo Empresarial del Atlántico, S.L.

Situación: concello da Laracha (A Coruña).

En cumprimento do establecido no artigo 38 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, sométese o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial (en diante, PEOSE) da ampliación do parque empresarial da Laracha a información pública durante o prazo de vinte días hábiles.

Antecedentes:

Primeiro. O parque empresarial da Laracha foi ordenado a través dun proxecto sectorial aprobado polo Consello da Xunta o 17.7.2008, que posteriormente foi obxecto de diversas modificacións puntuais, tramitado en desenvolvemento do Plan sectorial de ordenación territorial de áreas empresariais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia de 2004, e a promotora desta actuación é Suelo Empresarial del Atlántico, S.L. (en diante, SEA).

Segundo. O vixente Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (en diante, PSOAEG) aprobado definitivamente o 30.4.2014 mediante o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, DOG do 28 de maio de 2014, incorporou o parque empresarial da Laracha no seu inventario como actuación en execución (código 15041011).

O 21.12.2023, o Consello da Xunta aprobou con carácter definitivo a modificación puntual núm. 2 do PSOAEG, DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2024. Esta modificación puntual do PSOAEG incorporou ao plan a actuación empresarial nomeada «Parque empresarial A Laracha (ampliación)» (código 15041012).

Terceiro. En desenvolvemento das previsións do PSOAEG, SEA promove o Plan estruturante de ordenación para a ampliación do parque empresarial da Laracha (en diante, PEOSE). Con data 16.1.2025, SEA presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia o borrador do PEOSE xunto co documento ambiental estratéxico para comezar a tramitación. Esta solicitude está dirixida á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial da Consellería de Economía e Industria como órgano substantivo.

Cuarto. Con data 24.1.2025 solicítase o inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada. Con data do 29.4.2025, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade emitiu o informe ambiental estratéxico do PEOSE para a ampliación do parque empresarial da Laracha. O informe ambiental estratéxico fíxose público mediante o Anuncio do 30 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (DOG núm. 91, do 14 de maio).

Quinto. Con data 20.1.2026, SEA presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia o PEOSE redactado por Proyfe, S.L., para aprobación inicial.

Sexto. Mediante a Resolución do 29 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, acórdase aprobar inicialmente o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial da ampliación do parque empresarial da Laracha, no concello da Laracha, para os efectos establecidos na Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia.

O que se fai público, de conformidade co artigo 38 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia.

A documentación pode consultarse na páxina web da Consellería de Economía e Industria https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/solo-empresarial. Durante o prazo de información pública as distintas administracións e entidades públicas e privadas, e calquera persoa interesada, poderá achegar cantas observacións e suxestións consideren convenientes ante a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2026

Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial