Na sesión que tivo lugar o día 17 de decembro de 2025, polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, figura o seguinte acordo:
Antecedentes de feito:
Primeiro. Con data do 29.6.2020 a Comunidade de Montes en Man Común de Camboño no concello de Lousame-Noia presentou unha solicitude de clasificación do monte San Luis, Armada e Buxaín, e achegou a documentación necesaria.
Segundo. O monte cuxa clasificación se pretende localízase na parroquia de Camboño no termo municipal de Lousame (A Coruña). De acordo co levantamento topográfico realizado, ten unha superficie total de 262.248,00 metros cadrados (26,23 has) e atópase perfectamente delimitado polos seus ventos norte, sur e oeste estando diferenciado das propiedades privadas lindeiras en todo o seu perímetro exterior por medio dun muro antigo de pedra.
Os límites do monte están descritos como segue:
• Norte: MVMC de San Lois, Solar, Caballoso, Fieiro, Pedrices e Costado propiedade da CMVMC de Miñortos.
• Leste: dúas parcelas do MVMC de Barbanza de Argalo e outros, propiedade da CMVMC de Barbanza de Argalo e outros, predios particulares (9) e pista forestal.
• Sur: muros e predios particulares (4).
• Oeste: predios de veciños/as de Lousame (61).
Aparece un único enclavado, que corresponde á referencia catastral 15043A14000422, cunha superficie total de: 4.125 m2. Este enclavado tamén está rodeado por muro no seu lindeiro co monte veciñal.
A superficie do monte afecta as seguintes referencias catastrais:
|
Parcela |
Coord. X |
Coord. Y |
Área (m2) |
Ref. Cat. |
Superficie ocupada (m2) |
|
00474 |
507178,41 |
4734290,27 |
576 |
15043A14000474 |
253 |
|
00342 |
507374,12 |
4733953,17 |
1.947 |
15043A13900342 |
1.500 |
|
00733 |
507424,57 |
4733952,02 |
1.860 |
15043A13900733 |
147 |
|
00734 |
507434,12 |
4733932,52 |
704 |
15043A13900734 |
61 |
|
00736 |
507370,60 |
4734270,81 |
931 |
15043A13900736 |
419 |
|
00735 |
507438,71 |
4733915,32 |
1.609 |
15043A13900735 |
138 |
|
00840 |
507369,86 |
4734246,10 |
844 |
15043A13900840 |
394 |
|
00842 |
507365,73 |
4734197,17 |
1.027 |
15043A13900842 |
159 |
|
00066 |
507521,25 |
4733694,15 |
4.368 |
15043A13800066 |
112 |
|
00344 |
507429,54 |
4733924,88 |
868 |
15043A13900344 |
78 |
|
00347 |
507453,23 |
4733906,14 |
2.114 |
15043A13900347 |
359 |
|
00348 |
507464,90 |
4733894,60 |
870 |
15043A13900348 |
137 |
|
00351 |
507495,99 |
4733832,17 |
3.554 |
15043A13900351 |
194 |
|
00297 |
507301,92 |
4733993,03 |
113 |
15043A13900297 |
113 |
|
00300 |
507287,78 |
4733990,14 |
79 |
15043A13900300 |
79 |
|
00303 |
507246,90 |
4734024,15 |
823 |
15043A13900303 |
13 |
|
00307 |
507270,18 |
4733963,01 |
5.086 |
15043A13900307 |
2.643 |
|
00301 |
507261,81 |
4733985,52 |
224 |
15043A13900301 |
139 |
|
00067 |
507546,41 |
4733740,63 |
4.741 |
15043A13800067 |
561 |
|
00068 |
507543,83 |
4733786,25 |
2.036 |
15043A13800068 |
217 |
|
00241 |
507374,22 |
4734218,88 |
923 |
15043A13900241 |
412 |
|
00460 |
507182,83 |
4734380,09 |
1.272 |
15043A14000460 |
746 |
|
00461 |
507179,35 |
4734345,30 |
1.933 |
15043A14000461 |
877 |
|
09002 |
507485,22 |
4734112,05 |
628 |
15043A13909002 |
419 |
|
00298 |
507272,77 |
4734037,58 |
1.402 |
15043A13900298 |
81 |
|
00343 |
507418,84 |
4733937,49 |
1.644 |
15043A13900343 |
156 |
|
00350 |
507491,21 |
4733879,45 |
2.516 |
15043A13900350 |
749 |
|
00299 |
507262,76 |
4734027,08 |
998 |
15043A13900299 |
40 |
|
00424 |
507531,14 |
4734126,64 |
8.073 |
15043A13900424 |
1.610 |
|
00421 |
507357,40 |
4734403,49 |
79.427 |
15043A13900421 |
76.709 |
|
00169 |
507570,62 |
4733793,71 |
1.100 |
15043A13800169 |
144 |
|
00295 |
507295,96 |
4734039,77 |
1.494 |
15043A13900295 |
185 |
|
00456 |
507130,64 |
4734603,65 |
41.687 |
15043A14000456 |
40.747 |
|
00457 |
507117,80 |
4734395,65 |
2.842 |
15043A14000457 |
135 |
|
00421 |
506951,01 |
4734709,32 |
11.603 |
15043A14000421 |
6.073 |
|
00069 |
507569,57 |
4733807,56 |
1.070 |
15043A13800069 |
142 |
|
00070 |
507559,20 |
4733830,51 |
1.597 |
15043A13800070 |
1.483 |
|
00071 |
507610,27 |
4733711,09 |
4.964 |
15043A13800071 |
4.786 |
|
00473 |
507182,32 |
4734312,56 |
2.155 |
15043A14000473 |
861 |
|
00475 |
507238,87 |
4734288,65 |
4.377 |
15043A14000475 |
4.019 |
|
00341 |
507485,48 |
4734002,04 |
17.664 |
15043A13900341 |
17.525 |
|
60010 |
507149,64 |
4734811,26 |
53.362 |
15058A04260010 |
45.154 |
|
60006 |
507052,74 |
4735029,15 |
17.934 |
15058A04260006 |
917 |
|
00863 |
507410,62 |
4734574,42 |
28.514 |
15058A05100863 |
14.436 |
|
02815 |
507214,71 |
4734866,20 |
12.925 |
15058A04202815 |
6.581 |
|
02734 |
507250,07 |
4734884,24 |
1.928 |
15058A04202734 |
189 |
|
02735 |
507284,29 |
4734814,26 |
5.746 |
15058A04202735 |
867 |
|
00830 |
507604,43 |
4733999,06 |
29.155 |
15058A05100830 |
19.307 |
|
00111 |
507652,67 |
4733780,42 |
4.470 |
15058A05400111 |
2.159 |
|
00024 |
507713,53 |
4733654,88 |
813 |
15058A05400024 |
8 |
|
00016 |
507741,82 |
4733769,05 |
10.919 |
15058A05400016 |
53 |
|
00022 |
507717,01 |
4733667,27 |
975 |
15058A05400022 |
134 |
|
00023 |
507715,33 |
4733660,87 |
829 |
15058A05400023 |
60 |
|
00020 |
507724,06 |
4733702,15 |
9.784 |
15058A05400020 |
1.239 |
Terceiro. En relación á xustificación do uso comunal consta no expediente documentación histórica que o avala.
Cuarto. Dado que a documentación e a planimetría son suficientes para identificar o monte, o Xurado, na reunión que tivo lugar o día 20 de xuño de 2024, acorda iniciar o expediente de clasificación, asignándolle o número de expediente 431.
Quinto. Con data do 20 de setembro de 2024, o Servizo de Montes emitiu o seu informe para a clasificación do monte como veciñal en man común en que se comproba que no lindeiro norte existe unha pequena superposición gráfica co monte veciñal en man común de San Lois, Solar, Caballoso, Fieiro, Pedrices e Costado do concello de Porto do Son. Esta é unha variación pequena (0,37 has) que require axustar axeitadamente o lindeiro entre ambos os montes.
Así mesmo, no lindeiro leste existe unha superposición na representación gráfica con parcelas do monte veciñal en man común Barbanza de Argalo, Coto de Figueira, Pedra da Mata, Cruz de Armada e Pedra Redonda do concello de Noia, derivada da distinta interpretación dos lindeiros administrativos entre concellos do Instituto Xeográfico ao longo do tempo.
Sexto. No trámite de instrución do expediente realizáronse os trámites oportunos sen que consten alegacións ao respecto da clasificación do monte.
Con data do 11.12.2025 emitiuse proposta de resolución favorable por parte do instrutor do expediente.
Fundamentos de dereito.
Primeiro. O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten competencia para coñecer deste expediente en virtude do disposto nos artigos 9 e 10 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co contido do artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, e o artigo 19 do seu regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, a Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Camboño é parte lexítima para solicitar a iniciación deste expediente de clasificación.
Terceiro. Para a súa clasificación como veciñal en man común, o monte debe reunir as seguintes características:
a) Pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas.
b) Que se veña aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros da agrupación na súa condición de veciños comuneiros.
c) Que os veciños comuneiros residan habitualmente con casa aberta dentro da área xeográfica sobre a que se asenta o grupo social que tradicionalmente aproveitou o monte (artigos 1,2 e 3 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, e artigos 1, 2 e 3 do seu regulamento).
É pois un elemento determinante para a clasificación dun monte como veciñal en man común que o Xurado teña elementos probatorios suficientes no expediente para determinar se o monte que se pretende clasificar é aproveitado en común, sen cotas, polos/as veciños/as que o solicitan, e que estes o realicen pola súa condición de veciños e veciñas comuneiros integrantes do grupo social, non como entidades administrativas, e isto á marxe das cuestións relativas á titularidade dominical e demais dereitos reais que se puidesen formular no procedemento que deberán de dirimirse ante a xurisdición ordinaria segundo o disposto no artigo 10.2 da Lei estatal 55/1980, do 11 de novembro, de montes veciñais en man común.
Cuarto. No expediente consta documentación histórica e administrativa que acredita a existencia do monte así como a titularidade e o seu uso por parte do común dos/das veciños/as e xustifica a súa clasificación como monte veciñal en man común.
En consecuencia co que antecede, unha vez examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común; o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro; o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e a demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, na súa sesión do 17 de decembro de 2025, por unanimidade dos seus membros,
ACORDOU:
1º. Clasificar como monte veciñal en man común o monte San Lois Armada e Buxaín de 25,85 has, para a ampliación do MVMC Barbanza de Camboño no concello de Lousame, cos lindeiros, a superficie, as características e a planimetría descritas e que constan no expediente, ao reunir o devandito monte as características sinaladas no fundamento de dereito terceiro, ao resultar acreditado que o devandito monte está aproveitado polos veciños e polas veciñas das parroquias solicitantes como grupo social e en réxime de comunidade de tipo xermánico.
2º. Ordenar a rectificación da cartografía rexistrada pola Administración para os efectos de eliminar o aparente solapamento no lindeiro leste do monte agora clasificado co monte veciñal en man común de Barbanza de Argalo, Coto de Figueira, Pedra da Mata, Cruz de Armada e Pedra Redonda no concello de Noia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición, con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta notificación, de conformidade co previsto nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Transcorrido o prazo de interposición dos recursos anteditos, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
A Coruña, 21 de xaneiro de 2026
María Nieves Mancebo Santamaría
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común da Coruña
