DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2026 Páx. 11887

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2026 (código de procedemento TR349V).

BDNS (Identif.): 885622.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/885622

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/885618 (minimis agrícola)

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/885619 (minimis pesca)

Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ter a condición de entidades beneficiarias da subvención:

a) As persoas empregadoras e empresas pertencentes ao sector privado radicadas en Galicia que estean a investir na realización de iniciativas de investigación e innovación, incluídas as empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica atendendo ao previsto no Decreto 56/2007, do 15 de marzo, polo que se establece un programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

b) Os centros privados de I+D+i, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que teñan definida, nos seus estatutos ou no seu obxecto social ou normativa que os regule, a I+D+i como actividade principal.

Segundo. Obxecto

Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria pública en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2026 das subvencións do Programa Investigo (código de procedemento TR349V).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2026 (código de procedemento TR349V).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse catro millóns oitocentos dezasete mil catrocentos euros (4.817.400 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde será dun mes que comezará ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará ás 20.00 horas do último día.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2025

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración