Para os efectos previstos na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, procédese a publicar os acordos adoptados polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 17 de decembro de 2025, respecto das seguintes revisións de esbozo:
1º. Revisión de esbozo parcial do MVMC de Zaramagoso, Concello de Lousame.
O monte veciñal en man común de Zaramagoso clasificouse polo Xurado Provincial de Montes en Man Común no ano 1976 cunha superficie de 27 ha.
Solicitouse por parte da comunidade titular a revisión do seu esbozo, non obstante o perímetro obxecto desta revisión unicamente inclúe o perímetro lindeiro con propietarios particulares.
A configuración espacial do monte, despois desta revisión, non varía substancialmente. A liña revisada ten un perímetro de 949 m. A superficie do MVMC de Zaramagoso, unha vez revisado o esbozo, resulta de 22,22 ha fronte ás 27 ha clasificadas, o que supón un diminución do 17,70 % da superficie inscrita no Rexistro de Montes.
As parcelas catastrais afectadas pola presente proposta de revisión de esbozo do MVMC de Zaramagoso relaciónanse a seguir:
|
Ref. catastral |
Sup. catastral |
Sup. afectada |
Titular catastral |
|
15043A105002160000IH |
13,17 |
2,06 |
CMVMC de Zaramagoso |
|
15043A103000010000II |
42,65 |
12,13 |
CMVMC de Zaramagoso |
|
15043A104005520000IX |
0,02 |
0,02 |
Monte Veciñal |
|
15043A104003790000IL |
0,19 |
0,18 |
CMVMC de Zaramagoso |
|
15073A085000560000FL |
72,52 |
0,22 |
Veciños de Pastoriza |
Con data do 15.12.2025 o servizo de Montes informa que a presente revisión de esbozo do MVMC de Zaramagoso presenta unha cartografía actualizada que mellora os mapas existentes no Rexistro de Montes e no expediente de declaración do monte veciñal en man común.
O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, na súa reunión do 17 de decembro de 2025 acordou aprobar a presente revisión parcial de esbozo e incorporala ao expediente do Monte.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.
2º. Revisión de esbozo do MVMC de Colón, Concello de Lousame.
O monte veciñal en man común Colón clasificouse polo Xurado Provincial de Montes en Man Común o 25.2.1980 cunha superficie de 62,5 ha.
Unha vez dixitalizados os esbozos existentes na carpeta ficha do monte, a superficie resultante do monte é de 65,9358 has.
O perímetro obxecto desta revisión parcial de esbozo inclúe o perímetro lindante con propietarios particulares, excluíndo 1.324,9 m correspondentes aos lindeiros con outras CMVMC.
A liña perimetral proposta segue o parcelario catastral na súa maior parte. Esta proposta facilita a xestión do monte e evita conflitos con particulares, á vez que dá visibilidade e propicia a defensa da propiedade forestal do monte. Afecta as seguintes parcelas catastrais:
|
Referencia catastral |
Sup. total catastro (ha) |
Sup. monte (ha) |
Titular catastral |
|
15043A02309009 |
0,1077 |
0,0829 |
Cortalumes Concello Lousame |
|
15043A02400191 |
0,23 |
0,1148 |
Propietario particular |
|
15043A02400192 |
0,6129 |
0,0068 |
Propietario particular |
|
15043A02400233 |
2,6615 |
2,6615 |
CMVMC de Mirón |
|
15043A02400234 |
12,7503 |
12,6374 |
CMVMC de Mirón |
|
15043A02400236 |
3,055 |
2,9583 |
CMVMC de Mirón |
|
15043A02400237 |
0,7763 |
0,7763 |
Propietario Particular |
|
15043A02409001 |
0,385 |
0,385 |
Camiño Concello de Lousame |
|
15043A02409002 |
0,3372 |
0,3252 |
Camiño Concello de Lousame |
|
15043A02409003 |
0,0405 |
0,0405 |
Camiño Concello de Lousame |
|
15043A02409005 |
0,2236 |
0,0913 |
Camiño Concello de Lousame |
|
15043A02409006 |
0,1666 |
0,0515 |
Camiño Concello de Lousame |
|
15043A02409007 |
0,0904 |
0,0904 |
Camiño Concello de Lousame |
|
15043A04000211 |
11,7384 |
0,4617 |
Propietario particular |
|
15043G50500643 |
4,0484 |
4,0484 |
CMVMC de Mirón |
|
15043G50500657 |
0,1415 |
0,1415 |
CMVMC de Mirón |
|
15043G50505037 |
0,1915 |
0,1915 |
CMVMC de Mirón |
|
15043G50509134 |
0,3254 |
0,1592 |
Camiño Concello de Lousame |
|
Total |
70,1139 |
Recolle 4 enclavados, que ocupan 3,12 ha (1,95 ha, 0,22 ha, 0,72 ha e 0,23 ha respectivamente), cun perímetro de 1.257 m. Nin aumentan o número de encravados, nin a súa superficie de xeito significativo, en relación aos recollidos no deslindamento do MVMC.
A configuración espacial do monte, despois desta revisión, non varía substancialmente. A liña revisada ten un perímetro de 7467 m, unha vez descontados 1.324,9 m de lindeiro coa CMVMC Lesende. A superficie do monte veciñal en man común Colón, unha vez revisado o esbozo, resulta de 70,11 has fronte ás 62,5 has clasificadas, o que supón un incremento do 12,17 % da superficie inscrita no Rexistro de Montes.
No informe constan as referencias catastrais afectadas e o seu titular catastral.
Con data do 16.12.2025 o servizo de Montes informa que esta revisión de esbozo presenta unha cartografía actualizada que mellora os mapas existentes no Rexistro de Montes e no expediente de declaración do monte veciñal en man común.
O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, na súa reunión do 17 de decembro de 2025, acordou aprobar esta revisión parcial de esbozo e incorporala ao expediente do Monte.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.
3º. Revisión de esbozo parcial do MVMC Deira e Pedroso, concello de Boiro.
O monte veciñal en man común deira e Pedroso clasificouse polo Xurado Provincial de Montes en Man Común no ano 2006 cunha superficie de 42,33 ha. Con data do 24.11.2006 o Xurado de Montes Veciñais excluíu por sentenza unha superficie de 1,62 ha pertencente o cemiterio e 1,10 ha pertencentes ao campo de fútbol, polo que a superficie resultante final do monte é de 39,35 ha.
O perímetro obxecto desta revisión de esbozo inclúe o perímetro lindeiro con propietarios particulares.
As parcelas catastrais principais afectadas pola seguinte revisión de esbozo son as seguintes:
|
Ref. catastral |
Sup. catastral |
Sup. topográfica |
Titular |
|
15011A032008660000XR |
4.140 m² |
8.624 m² |
CMVMC Brión e outros |
|
15011A032005280000XA 15011A030014400000XD |
2.151 m² 10.267 m² |
14.710 m² |
CMVMC Brión e outros |
|
15011A031010340000XLI |
23.363 m² |
14.321 m² |
CMVMC Brión e outros |
|
15011A030014260000XP |
50.838 m² |
74.849 m² |
CMVMC Brión e outros |
|
15011A030012710000XL |
11.119 m² |
CMVMC Brión e outros |
|
|
15011A030014120000XE |
5.819 m² |
6.100 m² |
CMVMC Brión e outros |
|
15011A030014380000XX |
12.305 m² |
11.768 m² |
CMVMC Brión e outros |
|
Total |
375.273 m² |
Existen os seguintes actos de disposición que están debidamente cartografados na revisión de esbozo proposta.
– CO-04-PER-22. Afecta o encravado K, que non desaparece totalmente. A Comunidade permuta o predio 15011A030010880000XX por 15011A032005270000XW.
– CO-02-PER-21. Afecta ao encravado l, que desaparece. A Comunidade permuta parte do predio 15011A030014380000XX (1.300 m2) pola parcela 15011A030011130000XM (encravado L).
– CO-02-PER-21. Afecta a parte do encravado H, que non desaparece totalmente. A Comunidade permuta parte do predio 15011A030014380000XX (1.300 m2) pola parcela 15011A030007040000XA, 15011A030007030000XW,15011A030007020000XH, 15011A030007000000XZ e 15011A030006990000XZ (parte do encravado H).
A revisión parcial de esbozo recolle 4 encravados. Diminúe o número de encravados de 5 a 4 polas permutas antes mencionadas. A configuración espacial do monte despois desta revisión pasa de 39,35 ha a 37,575 ha.
Con data do 16.12.2025 o servizo de Montes informa que esta revisión de esbozo presenta unha cartografía actualizada, que mellora os mapas existentes no Rexistro de Montes e no expediente de declaración do monte veciñal en man común.
O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, na súa reunión do 17 de decembro de 2025, acordou aprobar esta revisión parcial de esbozo e incorporala ao expediente do Monte.
O novo esbozo correspondese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.
A Coruña, 23 de xaneiro de 2026
María Nieves Mancebo Santamaría
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común da Coruña
