
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas por estes, anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e á Política de Visados, dáse publicidade da actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, que a seguir se indica:
1. Poder adxudicador:
1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.
1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5) Código NUTS: ES111.
1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7) Fax: 981 95 74 03.
1.8) Teléfono: 981 95 74 01.
1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal; o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 79200000-6 Servizos de contabilidade, auditoría e fiscal.
4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES11 Galicia.
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de auditoría externa para a realización das verificacións das operacións correspondentes do proxecto Resurexion-Desenvolvemento dunha estratexia de resiliencia multinivel para áreas urbanas e bacías hidrográficas ante condicións climáticas extremas, no marco do Programa de cooperación territorial europeo Interreg Europe 2021-2027. Referencia de expediente: AUG-2025-0134. Actuación cofinanciada pola Unión Europea co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do Programa de cooperación territorial europeo Interreg Europe 2021-2027.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito á regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 17.055,09 euros. Importe total: 20.636,66 euros.
8. Valor estimado do contrato: 17.055,09 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.
9. Prazo de execución do contrato: 48 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2) Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), persoal adicional de auditoría (20), maior nivel na lingua inglesa do persoal de auditoría mínimo exixible no servizo (19), formación específica do persoal de auditoría (10) e medidas para o impulso demográfico (10).
11. Data da adxudicación do contrato: 12 de decembro de 2025.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1) Ofertas totais: 4.
12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 0.
12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4) Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 22 de decembro de 2025.
14. Empresa contratista:
14.1) Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: Gestión 5 Auditores, S.L.P.
14.2) NIF: B91812099.
14.3) Enderezo: c/ Diego Martínez Barrio, 8 ptl., 1-3ºB, edificio Giralda 8, 41013 Sevilla.
14.4) Código NUTS: ES618.
14.5) Correo electrónico: auditores@gestion5.es
14.6) Fax: -
14.7) Teléfono: 654 53 36 44.
14.8) Pequena ou mediana empresa: si
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 6.880 euros. Importe total: 8.324,80 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación cofinanciada pola Unión Europea co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do Programa de cooperación territorial europeo Interreg Europe 2021-2027.
A actuación encádrase dentro do programa no obxectivo político 2 «Por unha Europa máis verde», obxectivo específico: cambio climático, proxecto 03C0808 Resurexion.
O obxectivo político 2 «Por unha Europa máis verde» oriéntase á promoción da adaptación ao cambio climático, á xestión sustentable da auga e á prevención de riscos naturais. Este obxectivo apoia actuacións que contribúan ao cumprimento dos obxectivos climáticos da Unión Europea, reforzando a resiliencia territorial fronte a fenómenos meteorolóxicos extremos.
O proxecto Resurexion-Development of a multilevel Resilience Strategy for Urban areas and River basins to extreme weather conditions, no cal se integra esta actuación, comparte finalidade con outras iniciativas financiadas por Interreg Europe como Wateradapt ou S3ADAPT, que apostan pola mellora das políticas públicas mediante o intercambio de experiencias e boas prácticas para facer fronte aos efectos do cambio climático e avanzar cara a unha xestión da auga máis eficiente e sostible.
Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.
17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado:
17.1) Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4) Código postal: 15781.
17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6) Fax: 981 95 74 03.
17.7) Teléfonos: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial da Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información sobre o acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no perfil do contratante: 21 de agosto de 2025.
Publicidade da adxudicación no perfil do contratante: 18 de decembro de 2025.
Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil do contratante: 25 de decembro de 2025.
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2026
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
