Na sesión que tivo lugar o 22 de xaneiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 25 de abril de 2025 (DOG número 83, do 2 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG número 21, do 30 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Desestimar a única alegación presentada contra a Resolución do 25 de novembro de 2025 pola que se deu publicidade das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo.
Segundo. Declarar exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron os dous primeiros exercicios, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega exixido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, ao abeiro do previsto na base II.1.1.3 da convocatoria.
Terceiro. Declarar finalizada a fase de oposición do proceso selectivo.
Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2026
Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal
