En virtude da Resolución do 28 de novembro de 2025 (DOG núm. 233, do 2 de decembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, convocado pola Resolución do 24 de xuño de 2025 (DOG núm. 123, do 30 de xuño).
Por non cumprir os requisitos de acceso ás prazas reservadas pola base I.1.1 da convocatoria por causas sobrevidas,
RESOLVO:
Excluír da relación definitiva de aspirantes admitidos para o acceso ás prazas reservadas pola base I.1.1 da convocatoria a López Villar, Fernando Germán (***4057**), que queda incluído na relación definitiva de aspirantes admitidos pola quenda de acceso libre.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
