DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2026 Páx. 12538

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso como persoal laboral fixo en varias categorías.

A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. (en diante, CSAG) é unha sociedade mercantil pública autonómica do artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que ten encomendada a xestión do servizo público de comunicación audiovisual competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

As resolucións do 18 de decembro de 2023, do 4 de decembro de 2024 e do 16 de decembro de 2025, da Dirección Xeral da Corporación (DOG núm. 242, do 22 de decembro; núm. 250, do 30 de decembro; e núm. 245, do 19 de decembro) aprobaron as ofertas de emprego público correspondente aos anos 2023, 2024 e 2025, respectivamente. A enumeración das prazas que se incluíron nas mencionadas ofertas, que son obxecto desta convocatoria, recolleuse no anexos I das ditas resolucións.

As bases do proceso selectivo están expostas na páxina web da Corporación (http://www.csag.gal/). O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día seguinte ao da publicación deste anuncio e terá unha duración de 20 días hábiles. Todas as publicacións e notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas na indicada páxina web.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026

María Concepción Pombo Romero
Directora xeral da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A.