DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2026 Páx. 12536

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2025.

A alcaldesa ditou a Resolución núm. 2025-5506, do 30 de decembro de 2025, pola que aprobou a oferta de emprego público do Concello de Redondela para o ano 2025, e dispuxo que se publique no taboleiro de anuncios da Corporación, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) e no Diario Oficial de Galicia.

En cumprimento da citada resolución, publicouse a oferta de emprego público do Concello de Redondela para o ano 2025, no BOPPO núm. 3, do 7 de xaneiro de 2026, cuxas prazas que se ofertan son as seguintes:

– Quenda libre:

a) Persoal funcionario de carreira, a tempo completo.

Prazas

Denominación

Escala

Subescala

Clase

Categoría

Grupo-subgrupo

2 (*)

Policía local

Básica

Servizos especiais

Policía local

Policía

C1

2

Auxiliares da Administración xeral

Admón. xeral

Auxiliar

C2

* 1 praza reservada ao sistema de mobilidade.

b) Persoal laboral fixo, a tempo completo.

Prazas

Denominación

Categoría

Grupo-subgrupo

1

Arquitecto/a

Arquitecto/a

A1

1

Oficial condutor/a

Oficial

C2

O prazo máximo para a execución dos correspondentes procesos selectivos será de 3 anos contados desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Recursos:

Contra o acordo de aprobación da oferta de emprego público, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO, ao abeiro do establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, este deberase resolver e notificar no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da devandita Lei 39/2015. O recurso de reposición entenderase desestimado polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido na Lei 39/2015; nese caso, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1 e 4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren procedentes conforme dereito.

Redondela, 7 de xaneiro de 2026

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa