A concellería responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante a Resolución do 5 de decembro de 2025, nomeou funcionarias de carreira deste concello a:
– Ana Belén Diéguez González, con DNI ***5849**, para ocupar unha praza de subalterno/a da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo de agrupacións profesionais (AP), por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.
– Montserrat Gilabert Avante, con DNI ***5474**, para ocupar unha praza de subalterno/a da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo de agrupacións profesionais (AP), por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.
Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo proposta do tribunal cualificador, ao que se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
Contra a devandita resolución de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, poderán interpor as persoas interesadas ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante a Sección do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.
Non obstante, as persoas interesadas tamén poderán interpor calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.
Pontevedra, 7 de xaneiro de 2026
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 21.11.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados
