DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2026 Páx. 12534

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento como persoal funcionario de carreira coa categoría de inspector da Policía Local deste concello, pola quenda de promoción interna (oferta de emprego público de 2022).

A concellería responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante Resolución do 4 de decembro de 2025, nomeou funcionario de carreira deste concello a Juan José Abilleira Argibay, con DNI ***8699**, para ocupar unha praza de inspector do corpo da Policía Local, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.

O devandito nomeamento efectuouse segundo a proposta do tribunal cualificador, ao que se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a devandita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, poderán interpor as persoas interesadas ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, as persoas interesadas tamén poderá interpor calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.

Pontevedra, 18 de decembro de 2025

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 21.11.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados