De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e tras ser tentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración,
Ao non ser posible realizar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ás persoas titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto para notificar |
Ref. catastral Polígono/parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
|
Orde de execución (exp. 2522-2025) Resolución de inicio de orde de execución do 10.12.2025 |
36043A022001270000JL (polígono 22, parcela 127) |
Buchabade Ponte Caldelas |
Inocencia Boullosa Senra |
|
Orde de execución (exp. 2550-2025) Resolución de inicio de orde de execución do 10.12.2025 |
36043A023005220000JT (polígono 23, parcela 522) |
Buchabade Ponte Caldelas |
Sara Quinteiro Malvar |
|
Orde de execución (exp. 2560-2025) Resolución de inicio de orde de execución do 17.12.2025 |
36043A023006390000JB (polígono 23, parcela 639) |
Buchabade Ponte Caldelas |
Sara Quinteiro Malvar |
|
Orde de execución (exp. 69-2026) Resolución de inicio de orde de execución do 14.1.2026 |
36043A012014730000JE (polígono 12, parcela 1473) |
Cuñas Ponte Caldelas |
Manuel Martinez Pereiro |
En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se puidese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilítalle a este concello a execución subsidiaria no caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, coa repercusión dos custos ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Ponte Caldelas, 20 de xaneiro de 2026
Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente
