DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2026 Páx. 12526

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de corrección dun erro material na convocatoria e das bases que rexerán o proceso selectivo para cubrir un posto de traballo de funcionario/a da escala de administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A2, técnico/a de xestión.

No BOP da Coruña núm. 228, do 27 de novembro de 2025, publicáronse integramente as bases para a provisión dun posto de traballo de funcionario/a da escala de administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A2, técnico/a de xestión do Concello de Arzúa.

Debido a un erro material, producido no anuncio publicado no DOG núm. 249, do 26 de decembro de 2025, publícase no BOP da Coruña núm. 24, do 5 de febreiro de 2025, outro anuncio de concesión dun novo prazo de 6 días hábiles de presentación de instancias, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE.

Arzúa, 5 de febreiro de 2026

Xoán Xesús Carril Ramos
Alcalde