Mediante o Decreto desta alcaldía do 12 de xaneiro de 2026, aprobáronse a convocatoria e as bases do proceso selectivo para a provisión das prazas que se detallan a seguir, pola quenda de promoción interna:
Persoal funcionario:
– 1 praza de oficial de administración, correspondente á oferta de emprego público (OEP) do ano 2025 (BOP número 226, do 25.11.2025).
– 1 praza de oficial tesoureiro-recadador, correspondente á oferta de emprego público (OEP) do ano 2025 (BOP número 226, do 25.11.2025).
– 1 praza de oficial de administración, correspondente á oferta de emprego público (OEP) do ano 2025 (BOP número 226, do 25.11.2025).
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
As bases íntegras publicáronse no BOP da Coruña, número 10, do 16 de xaneiro de 2026, e no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal.
Brión, 16 de xaneiro de 2026
Pablo Lago Sanmartín
Alcalde
